martes, 11 de octubre de 2011

O mundo según Google.


Imagen
Todos sabemos que esta empresa cambiounos totalmente a forma tanto de buscar información na web como de ver o mundo (literalmente). Aparentemente Google  ``matase´´ pola satisfacción dos seus usuarios, pero...é oro todo o que reluce?
Pois ben, como en todo o bó parece non ser tan bó, e o malo tampouco é tan malo. Google ten no seu poder, grandiosa información acerca de cada ún dos seus usuarios, supostamente para garantir unhas melloras nas busquedas, é dicir, unha especie de busqueda personalizada cada vez que intentamos buscar acerca de un tema en concreto.


Sinceramente considérome usuaria frecuente de Google e de todos os seus servizos, pero iso de que garden os nosos datos non é algo que me atraia. Creo que debería existir unha especie de ``papeleira de reciclaxe´´ onde cada un poda borrar os seu rastros na rede ou algo parecido. Realmente sobre este tema teño unha opinión un pouco contradicida: porque por unha parte son usuaria e os traballos e melloras de Google axudan e facilitan moitas tarefas, por outra parte penso que no vídeo explicativo exposto en clase, moitos datos e información intentan desprestixiar a imaxe do ``Gran buscador´´; pero pola contra non me gusta  idea de que garden os nosos datos e de máis, tamén estou en desacordo coa opinión de moitos entrevistados no video, xa que non aclaran a utilidade deses datos ou se amenos hai ideas para suprimilos despois de pasadas unas semanas incluso días.
Por isto plantéxobos unas preguntiñas:


Porqué Google ten que ter información acerca do que buscamos ou deixamos de buscar na Internet? Realmente toda esta cantidade de información sirve para ``personalizarnos´´ cada busqueda? Hasta que punto están seguros eses datos na compañía? Quen pode darnos a seguridade de que Google non está a crear unha especia de monopolio nsa busquedad a través da Internet?

No hay comentarios:

Publicar un comentario