Dous estudantes de Informática crean unha web con substítulos en galego.
O seu gran obxectivo é promocionar a lingua galega e acabar co baleiro na Rede neste tipo de contidos.
Como di o título desta interesante e innovadora noticia , dous estudantes chamados Miguel Ángel Lago Martínez e Pablo Salgado Roo , alumnos de 1º de Informática da USC , de 22 e 24 anos respectivamente , acaban de pór en funcionamento a páxina web http://subtitulosengalego.com/ , que aínda está en fase de probas.
Como eles dixeron , por exemplo , non é o mesmo escoitar "tócala otra vez , Sam" , que "play it , once. Play it , Sam". Porque como sabemos ambas as dúas expresión non son idénticas. A solución pasa por ver os filmes na súa versión orixinal no canto de con substítulos en galego , como , por exemplo , "tócaa de novo , tócaa , Sam".
Estas dúas persoas dixeron nunha entrevista que comezaran a falar do proxecto no mes de marzo cando estiveron xuntos en Dublín , facendo unhas prácticas. Alí coñeceron moita xente galega e decatáronse de que como xa todos sabemos ,ou intuimos e moi difícil ver algo en galego fóra de Galicia. E polo tanto foi iso o que os motivou.
E despois comezaron a deseñar a páxina e a arranxaren o substítulos de filmes ,documentais e capítulos de quince series.
Desde agora é doado ver clásicos como O Padriño , ou The Walking Dead , con substítulos en galego. E aínda que estes mozos pensaron que a publicidade podería axudar neste novo proxecto , quéreno culminar centrándose nun único obxectivo : a promoción da lingua.
Eu persoalmente creo que estes rapaces teñen mnoito mérito , xa que están facendo unha boa labor motivando a usar a nosa lingua galega por todo o mundo , e para facelo é imprescindible empezar con cousas así... E a vos que vos parece? Creedes que pode dar frutos? Ou que todo se quedará en nada?
No hay comentarios:
Publicar un comentario